Archive for 26 enero 2012

Enquisa da unidade 7

enero 26, 2012

ENQUISA-TEST DA UD 7 ” A ECONOMÍA ESPAÑOLA E DE GALICIA”.

1.- A actividade agraria en España desenvólvese baixo factores edafolóxicos e climatolóxicos desfavorables. En efecto, as precipitacións son: 1) escasas de gran variabilidade estacional; 2) escasas de gran variabilidade interanual; 3) escasas e de grande intensidade horaria.

2.- Condicionantes non naturais da actividade agraria en España son o réxime de tenza e a estructura da propiedade, que amosa unha grande contraste entre: 1) minifundismo nas rexións septentrionais e latifundismo no litoral levantino; 2) minifundismo no litoral levantino e latifundismo no sur; 3) minifundismo nas rexións suroccidentais e latifundismo no litoral levantino.

3.- A modernización do campo español pola vía da mecanización (optimización do traballo) e da introdución de novos cultivos (orientación comercial) vai acompañada: 1) da moderación da población activa empregada; 2) da reducción do peso relativo do sector na economía nacional; 3) do aumento progresivo da superficie cultivada.

4.- A expansión do gando español maniféstase, se ben con diferencias, entre os distintos tipos de gandaría (bovina, porcina, ovina e caprina), grazas á industrialización dos seus aproveitamentos. Basta como avaliación do afirmado considerar o peso do sector: 1) na economía nacional; 2) na economía da U.E.; 3) na economía mundial.

5.- A longa tradición pesqueira de España rachou coa ampliación das augas xurisdicionais por parte dos países ribereños (Cumio de Santiago de Chile, 1982). A reconversión da flota causou a progresiva disminución do nº de embarcacións e de empregos. Aínda así, a importancia do sector é recoñecida internacionalmente como o demostra que a Axencia da Pesca da U.E. teña a sé en: 1) Vigo; 2) A Coruña; 3) Marín.

6.- A paisaxe mediterránea de interior ten como trazo característico: 1) unha extensión que se corresponde cun dominio mediterráneo frío e húmido; 2) un monocultivo cerealístico e unha gandería extensiva en devesas; 3) un poboamento concentrado-disperso ou intercalar.

7.- A paisaxe mediterránea de litoral ten como trazo característico: 1) unha extensión que se prolonga por toda a Costa do Sol; 2) a combinación de minifundismo cun hábitat concentrado; 3) o cultivo de plantas forraxeiras.

8.- A paisaxe oceánica ten como trazo característico: 1) unha extensión correspondente a un dominio climatico de latitudes medias de fachada occidental de continentes con solos acedos; 2) unha paisaxe de bocage ou de campos abertos; 3) un hábitat concentrado.

9.- A paisaxe das Illas Canarias ten como trazo característico: 1) Unha extensión de clima subtropical e de solos volcánicos; 2) cultivos novos con técnicas tradicionais; 3) latifundismo e dispersión do hábitat por mor da topografía.

10.- A industrialización da economía española, inicialmente tardía e territorialmente limitada ás rexións do norte (Cataluña, País Vasco e Asturias) coñeceu nas últimas décadas unha evolución positiva que a catapultou a un ha posición de relevancia. Entre as cifras destacan: 1) un total de 3 millóns de empregos industriais; 2) unha participación na riqueza nacional igual a un 1/3 do PIB; 3) o país europeo con maior nº de empresas.

11.- As transformacións recentes da industria española amosan un dinamismo non sempre positivo (cfr., a crise actual). A crise de 1973 evidenciou os problemas do modelo desenvolvido na década dos 60 (proteccionismo e falta de competitividade) e provocou como solución a reconversión do noso tecido industrial co:1) abandono dos sectores pouco rendibles (siderurxia e textil); 2) con grandes investimentos en sectores de alta tecnoloxía; 3) ás anteriores sumar o papel das multinacionais extranxeiras.

12.- Na calidade e rapidez da rede de transportes española hai que diferenciar as distintas modalidades ou medios. Entre os trazos máis caraterísticos, salienta: 1) a intensidade do tráfico por estrada concéntrase nos eixes industriais e nas áreas metropolitanas; 2) A configuración tanto da rede de estradas como da rede de ferrocarril e de aneles concéntricos; 3) as infraestructuras de aeroportos e portos marítimos están conectadas por ferrocarril.

13.- Na actividade comercial é de manual discriminar entre comercio interior e exterior e no primeiro, entre comercio polo miúdo e comercio por xunto; é dicir: 1) entre comercio retallista e grandes superficies; 2) entre establecementos pequenos e comercio almacenista; 3) entre comercio almacenista e comercio retallista.

14.- O comercio exterior amosa históricamente unha balanza comercial negativa. Na actualidade, anque a nosa integración económica na U.E. acelerou a internacionalización das nosas actividades económicas, a mencionada balanza contable de bens segue a ser negativa; é dicir que: 1) vendemos bens de pouco valor e mercamos ben valiosos; 2) exportamos pouco do que producimos e importamos moito do que se produce fora: 3) no extranxeiro son máis “cutres” que nós.

15.- España converteuse na década dos 60 nun importante destino turístico, que afianzado desde entonces, sitúanos hoxe como unha potencia mundial do sector, cuxos ingresos permiten equilibrar o estructural déficit comercial. A vantaxe comparativa respecto doutros países reside: 1) na competitividade da infraestructura hoteleira e dos prezos; 2) nun turismo de masas equilibradamente repartido por todo o territorio; 3) Nunha diversificación que rompe a estacionalidade do turismo de sol e praia.

16.-  O importante sector primario en Galicia ten como trazo característico: 1) unha crecente vocación comercial de pequenas explotacións de tecnoloxía avanzada (vide, frores); 2) unha crecente industrialización da producción gandeira (especialización carne/leite); 3) as dous alternativas explican que a poboación ocupada duplique a media nacional.

17.- A pesca en Galicia é unha actividade fundamental representandoo primeiro lugar na Europa azul polo nº de embarcacións e de postos de traballo, polo volume de capturas e polas súas repercusións na: 1) na industria conserveira e do frío; 2) na construcción naval e metalurgia auxiliar; 3) as dous alternativas as podemos ampliar aos servizos de restauración e hostelería.

18.- Á tradición na minaría  e na producción enerxética  apenas correspondese co modesto papel da industria (incluida a construcción), que e representa só o 30% do PIB galego. As mayores concentracións industriais se dan: 1) nos eixes A Coruña- Ferrol e Vigo-Pontevedra; 2) nos sectores petroquímico e da construcción naval e do automóbil; 3) se hai outras, as anteriores son as máis importantes.

19.- No comercio interior galego e concretamente no comercio detallista hai que diferenciar as cidades, das periferias urbanas e éstas das cabeceiras comarcais. Ou dito doutro xeito: 1) franquías, superficies comerciais e tendas de abastecemento: 2) tendas especializadas, áreas comerciais, pequenos establecementos; 3) tendas especializadas, franquías e ultramarinos.

20.- O turismo en Galicia é un sector en expansión, que ten como trazo característico: 1) unha oferta baseada máis sobre a os condicionantes naturais que histórico-culturais; 2) no potencial dun turismo de crucero polas Rías Baixas; 3) pola procedencia europea dos turistas.

 
Anuncios