proba extraordinaria ccss 2011-12

  • PROBA EXTRAORDINARIA FINAL DE CURSO CCSS 2011-2012

 

ENQUISA-TEST UD3 “AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS DA SOCIEDADE”.

1.- A finalidade última da actividade económica pasa por satisfacer as necesidades humanas. Estas as clasificamos en básicas e secundarias. Exemplos respectivos dunhas e outras son: 1) alimento e vestido; 2) alimento e estudios; 3) alimento e vivenda.

 

2.- Para satisfacer as necesidades humanas as actividades económicas inclúen: 1) actividades de producción; 2) actividades de producción e de consumo; 3) só ás actividades de producción; por canto todos somos consumidores, mais non productores.

 

3.- Os axentes que fan funcionar a economía son tres: as empresas, as familias e o Estado. O último intervén na actividade económica: 1) como regulador e tamén na producción a través das empresas públicas; 2) só como regulador xurídico das relacións entre as unidades de producción e as unidades de consumo; 3) exclusivamente a través da lei de orzamentos do Estado.

 

4.- A economía funciona nos mercados de bens e servizo mediante as relacións de intercambio entre productores e consumidores e no mercado laboral, xerando: 1) fluxos de bens e servizos e medios de transporte; 2) fluxos monetarios e redes de débito e crédito; 3) fluxos de bens e sevizos e fluxos monetarios.

 

5.-  A identificación da situación económica establécese en función da capacidade de producción do país e do nivel de demanda (capacidade adquisitiva) da súa sociedade. Neste contexto, o papel do Estado é suplementaria, aportando: 1) servizos públicos; 2) servizos públicos e infraestructuras; 3) infraestructuras, servizos públicos e subvencións.

 

6.- No proceso de producción ou de obtención de bens e servizos a partir de limitados recursos a empregar de diversa maneira, diferéncianse dous tipos: bens de consumo directo ou finais  e bens intermedios. Exemplos respectivos son: 1) libros e rotativas; 2) un automóbil e un aparcamiento; 3) hardware e software.

 

7.- A capacidade productiva está en relación coa a cantidade e cualidade dos factores de producción. Hai tres tipos de factores: os recursos naturais, a forza de traballo (físico e intelectual) e o capital (os bens producidos e acumulados). Deste último, existen varios tipos: 1) capital financieiro e capital tecnolóxico; 2) capital físico e capital humano; 3) as dúas son correctas.

 

8.- Territorialmente, a capacidade de producción é moi desigual e así fálase dunha relación ou regra  85 x 15 (o 85% da producción mundial corresponde ao 15% da poboación mundial).  Como indicador das desigualdades na comparativa das economías nacionais utilízase entre outros: 1) o PIB; 2) o IHD; 3) o censo demográfico.

 

9.- As desigualdades rexionais existentes no territorio nacional dun país inténtanse reducir por medio: 1) dos programas de solidaridade internacional; 2) das políticas de desenvolvemento económico; 3) dos fondos sociais comunitarios da Unión Europea.

 

10.-  A xeografía económica estuda: 1) a localización dos distintos tipos de actividade económica; 2) os factores que explican as desigualdades e os que analizan os impactos da producción sobre a poboación e no medio ambiente; 3) as dúas son correctas.

 

11.- A diversa conxugación dos axentes económicos determina distintos modos de producción ou sistemas económicos, que se definen en función de qué producir, cómo producir e para quén producir. Un criterio de clasificación dos sistemas económicos é o da súa historicidade. Na actualidade, o dominante e de facto único, é: 1) o mercantilismo; 2) o capitalismo de Estado; 3) a economía de libre mercado.

 

12.- Os trazos do sistema capitalista son: 1) propiedade pública e competencia empresarial; 2) procura do máximo beneficio e división do traballo; 3) sen dúbida, as dúas alternativas son correctas.

 

13.- No funcionamento do modo de producción capitalista, un mercado competitivo, os prezos son fixados pola lei da oferta e da demanda. No chamado “prezo de equilibrio”, oferta e demanda coinciden 1) nunha determinada cantidade de bens a vender e comprar; 2) nun determinado prazo de tempo; 3) no número de unidades de producción e de consumo en xogo no mercado concreto ou virtual.

 

14.- Nos mercados de competencia imperfecta participan: 1) unhas poucas empresas; 2) unha infinidade de pequenas empresas; 3) só compiten empresas estatais.

 

15.- No mercado de traballo a influencia da lei da oferta e da demandade emprego concrétase: 1) exclusivamente, nos salarios; 2) excepcionalmente, na calidade do emprego (xornada de traballo e estabilidade do contrato); 3) nengunha das dúas alternativas é correcta.

 

16.- En relación co factor traballo as actividades económicas articúlanse en tres sectores: o primario ou sector FAO, o secundario e o terciario. Na actualidade, a maioría das rexións do mundo evolucionan cara unha: 1) economía de servizos; 2) nova revolución industrial; 3) política de colonización dos espazos rurais.

 

17.- A clasificación dos recursos naturais en renovables ou non renovables, está en relación ao actual excedente técnolóxico que favorece a explotación dos recursos; é decir, o seu esgotamento antes de que podan reproducirse. Un exemplo desta situación económica é: 1) a sobrepesca; 2) o agronegocio; 3) as dúas respostas son correctas.

 

18- O control dos recursos naturais por parte dos Estados deu e da lugar a conflictos diplomáticos e incluso, violentos; un exemplo son aqueles recursos que pola súa demanda o valor resultan estratéxicos (cfr., as fontes de enerxía non renovables). Sen embargo, os problemas de sobre-explotación poden reducirse pola vía de políticas: 1) de diversificación das produccións; 2) de conservación ou de producción alternativa; 3) as dúas respostas son compatibles.

 

19.- A progresión do consumo absoluto de enerxía é exponencial; sen embargo, amosa contrastes na distribución territorial en función do desenvolvemento económico do país e das condicións de vida da súa poboación. A medición do consumo de enerxía realízase en unidades de: 1) TEP; 2) barril de Brent; 3) galón.

 

20.- O consumo enerxético mundial reflicte unha plena dependencia das enerxías fósiles, relegando á enerxía nuclear e as enerxias renovables a un papel  moi secundario. Das primeiras, salienta o petróleo cun consumo: 1) superior a un 1/3 do consumo total; 2) próximo á mitade do consumo total; 3) por debaixo dun cuarto do consumo total.

 

PLANTA DE RESULTADOS:

21; 22; 13; 34; 35; 16; 37; 18; 29; 310; 311; 312; 113; 114; 315; 116; 317; 318; 119; 120

 

 

ENQUISA-TEST UD4: ACTIVIDADES AGRARIAS E MUNDO RURAL

1.- Os espazos agrarios representan a terceira parte das superfícies continentais; mais, os seus aproveitamentos amosan desigual extensión a favor dunha maior superfície dedicada aos: 1) pastos (23%) vs cultivos (11%); 2) aos cultivos (66%) vs pastos (34%); 3) toda a superfície do planeta é mais/menos cultivable.

 

2.- A clasificación dos espazos agrarios segundo criterios de propiedade permite discriminar entre: 1) propiedade privada e cooperativa; 2) gran e pequena propiedade; 3) latifundios colectivos e minifundios particulares.

 

3.- A clasificación dos espazos agrarios segundo criterios de explotación da terra permite diferenciar entre: 1) explotación directa e indirecta (arrendamento); 2) intensiva e extensiva (parcería); 3) arrendamento e parcería.

 

4.- A clasificación dos espazos agrarios segundo criterios dos proveitamentos ou usos permite distinguir entre: 1) producción agrícola e gandeira; 2) producción de subsistencia ou comercial; 3) as dúas son correctas.

 

5.- A clasificación dos espazos agrarios segundo criterios de organización ou de sistema económico permite discriminar entre: 1) monocultivo e policultivo; 2) sequeiro e regadío; 3) cabe integralas ambas na dualidade monocultivo de sequeiro e policultivo de regadío.

 

6.- A clasificación dos espazos agrarios segundo criterios de investimento ou grao de desenvolvemento permite contrapoñer explotacións: 1) tecnificadas vs tradicionais; 2) modernas vs históricas; 3) sustentables vs esquilmadoras.

 

7.- A diversidade das actividades e espazos agrarios ten como factor físico condicionante da distribución das especies cultivadas principalmente aos climas. Falamos de cultivos tropicais; exemplos son: 1) algodón e mandioca; 2) arroz e cana de azucre; 3) aos anteriores, as bananas e os plátanos de Canarias.

 

8.- A expresión “triloxía mediterránea” refire a tres cultivos tradicionais da conca mediterránea, que poderían tomarse de indicadores de climas mornos con forte aridez estival. Este domínio climático podémolo atopar : 1) en Chile e Califórnia; 2) nas fachadas occidentais dos continentes a latitudes medias; 3) en Australia (Perth) e Sudáfrica (O Cabo).

 

9.- Entre os factores humanos da diversidade das actividades e espazos agrarios que explican as formas de agricultura de exportación salientan: 1) razóns históricas e políticas económicas; 2) alta capacidade adquisitiva en orixe e baixa densidade en destino; 3) revolución verde e políticas ecoloxistas.

 

10.- Entre os factores humanos da diversidade das actividades e espazos agrarios que explican as formas de agricultura máis intensivas destacan: 1) razóns históricas; 2) altas densidades demográficas e capacidade adquisitiva dos propietarios; 3) políticas agrarias ecoloxistas.

 

11.- Entre as paisaxes agrarias das rexións tropicais encontramos formas primitivas como agricultura itinerante e pastoreo nómade e outras sedentarias e tradicionais, máis ou menos evoluídas como:1) a agricultura de sequeiro (arroz); 2) a agricultura de regadío do SE asiático; 3) a plantación de rozas.

12.- Fronte ás formas de agricultura de autoconsumo (policultivo de subsistencia), as rexións tropicais nos séculos de colonización europea desenvolven formas de monocultivo, xenéricamente coñecidas como plantacións. O trazo mais relevante deste tipo de agricultura comercial é: 1) o capital extranxeiro; 2) a man de obra abondante; 3) a variabilidade dos prezos.

 

13.- O tradicional policultivo mediterráneo de explotacións familiares experimenta nas últimas décadas importantes tranformacións polas vías: 1) da mecanización e da concentración parcelaria; 2) da concentración parcelaria e da especialización froiteira; 3) as dous suxiren unha agricultura de vocación comercial, incluso urbana.

 

14.- Nas paisaxes agrarias das rexións temperadas, de altas densidades e con tradición de agricultura intensiva, como Europa, desenvólvense actualmente unha modalidade de cultivos protexidos baixo plástico ou cristal. O trazo mais relevante desta agricultura comercial é: 1) o alto investimento de capital; 2) o tipo de cultivo exótico; 3) a numerosa man de obra local.

 

15.- Nos países extraeuropeos de rexións temperadas e en paralelo á revolución industrial desenvolveuse unha paisaxe agraria definida como monocultivo cerealeiro e mecanizado, que o dí todo: gran explotación, tipo de cultivo e optimización do traballo. Esta tipo de agricultura propia de multinacionais agroalimentarias é cuestionada baixo o concepto: 1) agribusiness; 2) agronegocio; 3) as dúas son a mesma cousa.

 

16.- A producción agropecuaria é a base da alimentación da poboación mundial e ésta, en canto necesidade primaria, un indicador do desenvolvemento humano (IHD). Desde1970 aproducción mundial de alimentos aumenta máis rápido ca poboación. A xeografía da fame reflicte: 1) relativos contrastes rexionais e nacionais; 2) unha inxusta distribución dos ingresos; 3) a eficacia das políticas productivas.

 

17.- ¿Cándo existe seguridade alimentaria?. Cando a poboación ten acceso a alimentos: 1) nutritivos e de calidade, suficientes; 2) que satisfagan as necesidades para levar unha vida activa e sá; 3) as dúas son complementarias.

 

18.- Medidas para incrementar a seguridade alimentaria: 1) a posta em cultivo de novas terras; 3) unha agricultura sustentable respecto do medio natural e humano; 3) unha agricultura com menos máquina e com maior producción de alimentos sintéticos.

 

19.- Obxectivamente, ¿qué son cultivos transxénicos?: 1) cultivos modificados xenéticamente; 2) cultivos de grande rendibilidade con independencia do sistema económico; 3) máis que cultivos sanitariamente sospeitosos, cultivos denunciados internacionalmente polos organismos especializados.

 

20.- ¿Qué é comercio xusto?: 1) Unha plataforma de ONGDs; 2) Unha  iniciativa de liberalización dos mercados nacionais de materias primas dos países desenvolvidos; 3) Unha hipocresía da OMC e doutras axencias supranacionais da ONU.

 

PLANTA DE RESULTADOS:

11; 22; 13; 34; 35; 16; 37; 28; 19; 210; 211; 312; 313; 114; 315; 216; 317; 218; 119; 320

 

 

 

 

ENQUISA- TEST UUTT 1-2-3-4-5 UD5 “ESPAZOS INDUSTRIAIS”.

1.- No mundo contemporáneo, a industrialización marcou a diferencia entre as sociedades desenvolvidas e o resto das sociedades. Ao día de hoxe, constatamos que: 1) a maioría dos obxectos que empregamos son manufacturas, é dicir que están feitas a man; 2) a industria xera riqueza e paro simultáneamente; 3) pode perxudicar ao medio ambiente e aportar as solucións.

 

2.- A actividade industrial lévase a cabo en fábricas, nas que a diferenza dos talleres artesáns, realízase unha producción: 1) en serie de obxectos iguais; 2) a partir de ferramentas especializadas; 3) a partir de máquinas autómatas.

 

3.- Segundo a posición que ocupan nas distintas fases do proceso de producción, clasificamos as industrias en básicas, de bens de equipo e de bens de consumo. Entre as industrias básicas incluímos: 1) a siderurxia do aluminio e da bauxita; 2) a industria petroquímica; 3) a industria madereira e a ebanistería.

 

4.- Na categoria das industrias de bens de equipo incluímos: 1) a industria de maquinaria para espectáculos; 2) talleres de reparación mecánica; 3) a fabricación de compoñentes eléctricos de uso industrial.

 

5.- Na categoria das industrias de bens de consumo incluímos todas as que satisfacen a demanda do público en xeral, como: 1) a industria agroalimentaria; 2) a industria farmacéutica; 3) ás anteriores, engadimos a industria editorial e de prensa on-line.

 

6.- As industrias clasifícanse, polo nível de desenvolvemento tecnolóxico, en industrias de nova ou alta tecnoloxía, de tecnoloxía media e de baixa tecnoloxía. Entre as primeiras, incluímos: 1) a informática e as telecomunicacións; 2) a biotecnoloxía e a mecánica de alta precisión; 3) ás anteriores, engadimos a industria aeronáutica e aeroespacial.

 

7.- Fronte ás industrias de alta tecnoloxía que requiren altos investimentos e man de obra cualificada, as industrias de tecnoloxía media experimentan hoxe unha deslocalización desde as rexións mais desenvolvidas cara aos mercados en expansión. Un exemplo: 1) a fabricación de aceiro e aluminio; 2) a industria de montaxe do automóvil; 3) a fabricación de cristal e plásticos.

 

8.- Na industria de baixa intensidade tecnolóxica ou tradicionais incluímos os sectores do moble, do vestido e do calzado; é dicir, aquélas que requiren: 1) man de obra menos cualificada; 2) lugares de baixos salarios; 3) as dúas son correctas; unha é a causa e outra a consecuencia.

 

9.- Outro criterio importante na clasificación das industrias é o tamaño da empresa, expresado a partir da plantilla de traballadores. Así distinguimos entre pequenas e medianas empresas e grandes empresas. Os indicadores numéricos de referencia entre as primeiras e entre  éstas e as terceiras son: 1)  +/-50 e +/-150; 2) +/-50 e +/-250; 3) +/-50 e +/-500.

 

10.- As grandes empresas compiten con vantaxe, respecto das pequenas e medianas, ao contar con maiores recursos para afrontar a modernización técnica e as campañas de publicidade. A estratexia que lles queda ás PEMES é: 1) a creación dunha patronal propia; 2) aumentar o seu tamaño por fusión ou absorción; 3) o recurso á subcontratación.

11.- As grandes empresas son en términos relativos escasas; sen embargo, un grupo cada vez máis numeroso e con crecente influencia na economia mundial son as multinacionais, que reparten os seus centros de traballo por países diferentes. Son coñecidas tamén como: 1) industriesbussines; 2) transnacionais; 3) coloquialmente, como “as empresas da Champion League”.

 

12.- A finais do s.XVIII iniciouse no Reino Unido a 1ª R.I., que máis tarde se extendeu á Europa occidental e posteriormente aos EEUU e a Xapón. As principais innovacións técnicas foron o uso do carbón como fonte de enerxía  e a invención da máquina de vapor (traballo mecánico e revolución do transporte). Os sectores punteiros deste período foron: 1) o téxtil e o siderúrxico; 2) o peleteiro e o termoeléctrico; 3) o conserveiro e  o petroquímico.

 

13.- Os países e rexións que coñeceron a 1ª R.I. experimentaron um rápido crecemento económico e paralelamente un éxodo rural á cidade de millóns de persoas. As novas fábricas concentráronse xunto aos: 1) xacementos mineiros; 2) xunto ás estacións de ferrocarril; 3) ás dúas anteriores, engadimos as rexións portuarias.

 

14.- No inicio do s.XX desenvólvense as innovacións técnicas da 2ª R.I.: os hidrocarburos e a electricidade como fontes de enerxía e o motor de explosión e a maquinaria eléctrica. Entre os aportes mais significativos salienta: 1) a revolución do transporte marítimo (barco de vapor) e dos electrodomésticos; 2) a revolución das comunicacións e a producción en cadea (automóbil); 3) a industria agroalimentaria (conserveira) e pesqueira (conxelados).

 

15.-  A 3ª R.I. iniciouse nos anos 70 do pasado XX e o cambio tecnolóxico tivo como base a microelectrónica e como beneficiaria ás TICs. A revolución das comunicacións, que ten como mellor exemplo na última fase do proceso a internet, amosa como principais consecuencias: 1) un indefinible sistema de producción máis flexible; 2) unha nova forma de organización laboral (teletraballo); 3) deslocalización empresarial e como efecto unha onda de paro tecnolóxico.

 

16.-  A distribución rexional da industria responde a varios factores. Entre os mais importantes salienta a proximidade ás súas fontes de abastecemento ou aos mercados de consumidores das súas produccións. Dito doutro xeito, a localización industrial ven determinada pola necesidade de reducir os custos: 1) financieiros; 2) salariais; 3) de transporte.

 

17.- Xunto a outros factores como a dependencia/independencia financieira e como a man de obra, que explican a localización de industrias de baixa intensidade tecnolóxica e as paisaxes industriais das áreas rurais (traballo de baixa cualificación) ou as paisaxes urbanas das novas tecnoloxías (traballo con avanzada especialización técnica), salientan factores como: 1) un potente sector servizos; 2) afectivos e de percepción subxetiva; 3)  mais que factores non económicos, son factores non asociados directamente á producción.

 

18.- As paisaxes industriais reflicten a influencia dos diversos factores de localización e sobre todo a súa evolución histórica. Neste sentido, distinguimos as paisaxes industriais herdadas e as novas paisaxes industriais urbanas. Entre as primeiras, destacan dous grandes tipos: as “paisaxes negras” (siderurxia e metalurxia pesada) e as paisaxes industriais portuarias (refinarías de hidrocarburos, asteleiros e conserveiras). Exemplos de ambas respectivamente son: 1) o Rhur e o Yorkshire; 2) a Silesia polaca e Vigo; 3)  Rotterdam e Hamburgo.

 

19.- As paisaxes industriais das cidades máis dinámicas localízanse xunto ás vías rápidas ou na periferia en convivencia con centros de investigación, laboratorios e departamentos universitarios. Son concentracións industriais +/- planificadas coñecidas como: 1) tecnópolis ou tecnopolos; 2) eixes de desenvolvemento; 3) as dúas modalidades de paisaxe industrial son correctas.

 

20.- A producción e o emprego industrial estivo históricamente concentrado nun reducido número de países; sen embargo, nas últimas décadas xurdiron novas rexións industrializadas. Son os chamados NPI, principalmente do SE asiático (zonas francas de impostos e man de obra barata). Como se apuntou a industrialización xera desenvolvemto, mais amosa inconvenientes derivados do seu impacto medioambiental. Exemplo: 1) contaminación atmosférica (CO2); 2) contaminación de residuos sólidos e dos acuíferos; 3) aos anteriores, engadir a contaminación acústica.

 

 

PLANTA DE RESULTADOS:

31; 12; 23; 34; 35; 36; 27; 38; 29; 310; 211; 112; 313; 214; 215; 316; 317; 218; 219/319; 320

 

 

 

ENQUISA-TEST DA UD 2.6 “A NOVA XEOGRAFÍA DOS SERVIZOS”.

1.- Dende mediados do pasado século a maioría dos territorios experimentan procesos de tercerización. Exemplos de empregos no sector servicios son os de: 1) hostelería e educación; 2) sanidade e administración pública; 3) as dous alternativas son correctas, anque pensemos que só o son os empregos asociados ás finanzas, ao comercio e ao transporte.

 

2.- Os países con maiores ingresos proporcionan máis do 70% do emprego no terciario. Exemplos de países cos porcentaxes máis altos son: 1) Países Baixos e Suecia; 2) EEUU e Xapón; 3) Alemaña e Italia.

 

3.- Dícese da sociedade actual que está nun estadio post-industrial; incluso, no cono sur do subcontinente iberoamericano (países do Estuario da Plata e andinos) con menor grao de desenvolvemento superan o 60% de empregos terciarios, e ata nos países máis pobres o número de empregos en servizos aproxímanse aos do sector primario. Neste último caso, sen embargo, a explicación reside: 1) na economía emerxente; 2) na economía informal; 3) na economía flotante.

 

4.- As causas do crecemento dos servizos nas rexións máis prósperas son: 1) o aumento do nivel de vida e o Estado do ben-ser; 2) a maior competencia empresarial e a alta porcentaxe de empresas financiandose na Bolsa; 3) o crecemento dos servizos é un  sector especial de causalidade única (o aumento dos ingresos familiares e dos beneficios empresariais).

 

5.- A importancia relativa da tercerización nos países pobres (nestos territorios, anque con carácter focal, non faltan grupos con capacidade adquisitiva de compra e empresas innovadoras) explícase no papel dos servizos como sector refuxio; é decir de empregos: 1) pouco productivos como os da administración pública; 2) mal pagados como os do servicio doméstico; 3) aos anteriores engadimos o comercio ambulante (“chiringuitos”, “tianguis”, etc.).

 

6.- Existe unha gran variedade de servizos, que clasificamos en función do uso ao que se destinan (por exemplo, servizos á poboación, servizos ás empresas e servizos sociais) e en función da cualificación profesional asociada á calidade dos empregos terciarios. Entonces fálase de: 1) servizos avanzados e servizos banais; 2) servizos intelectuais e de traballo manual; 3) servizos técnicos e voluntarios.

 

7.- Outra característica das actividades terciarias é a diversidade de formas de localización que adouptan. Mentras o servizos ás empresas teñen tendencia á constituir distritos centrais de negocios, os servizos á poboación en xeral e os das administracións públicas teñen tendencia: 1) á descentralización territorial; 2) á accesibilidade ás  poboacións; 3) non son contradictorias; só perpectivas de ver á cuestión da localización e distribución dos servizos.

 

8.- As actividades de intercambio constituen un dos eixes centrais da economía. No ámbito internacional diferenciamos as exportacións, as mercadorías que as empresas dun determinado país venden fora do mercado nacional, e as importacións ou compras realizadas no exterior. A relación entre estas ventas e compras que representan unha das contabilidades básicas das políticas económicas dos Estados, chámase: 1) balanza de pagos; 2) balanza comercial; 3) balanza do banco nacional.

 

9.- O comercio é unha actividade que tende a dispersarse atendendo a necesidade de estar o máis preto da clientela (satisfacer consumos básicos) e ao mesmo tempo, a xerarquizar as funcións comerciais en virtude da súa cualificación (consumos especiais). O xeógrafo alemán W. Christaller explicou que estas localizacións adouptaban regularizacións espaciais. A súa tese é coñecida como a teoría: 1) dos lugares centrais; 2) dos exágonos; 3) das áreas de influencias e das rexións urbanas.

 

10.- Na actualidade o desenvolvemento do comercio e o aumento do consumo provocan cambios que enfrontan o pequeno comercio cos novos espazos comerciais e de ocio, que identificamos: 1) coas grandes cadeas de distribución; 2) coas redes de franquías (establecementos particulares da mesma marca; 3) as dous refiren a espazos de concentración comercial (cfr., as concentracións industriais e as concentracións financieiras).

11.- Igoalmente, na actualidade as novas formas de organización, inducidas polo mundo globalizado, tenden á uniformidade das grandes superficies comerciais, caracterizadas pola multiplicación nunha mesma área comercial de pequenas tendas especializadas e por incorporar como factor de atracción da clientela: 1) supermarkets; 2) parques comerciais (hipermercados e centros de ocio); 3) parques temáticos.

 

12.- A economía moderna caracterízase por intensos movementos de pasaxeiros e de mercadorías e por un transporte máis eficiente, rápido e barato que garanta que estos intercambios se desenvolvan a grande distancia. A evolución histórica do transporte queda reflectada: 1) no salto da navegación a vela á navegación na web; 2) no salto da invención da roda ao uso universal do auto-móbil; 3) as dous son válidas, mais un antes e un despois á invención sincrónica da máquina de vapor e do globo aeroestático non está mal.

 

13.- Os sistemas de transporte interurbano máis estendidos son o transporte por estrada e o aéreo para pasaxeiros e o transporte por ferrocarril e marítimo para mercadorías. Xunto a estos, o transporte intermodal significa a viraxe dunha competencia entre as distintas modalidades a unha coordinación conxunta, que se concreta: 1) nas conexións das estacións intermodais cos portos; 2) nas conexións con aeroportos; 3) xunto á conectividade intermodal, na intensificación do transporte mediante contenedores.

 

14.- O transporte privado por estrada (coches e autobuses por pasaxeiros e camións para mercaderías) é o máis utilizado; máis tamén, o que xenera máis conxestión circulatoria. As vantaxes do uso de transporte público (autobús, metro, ferrocarril de cercanías) están en relación: 1) coa economía de enerxía e de suelo urbanizable; 2) coas políticas medioambientais e de accidentalidade viaria; 3) as dous son correctas.

 

15.- Definimos o turismo como a actividade económica que relaciona desprazamentos temporais da poboación con motivacións persoais asociadas á disponibilidade de tempo libre; neste sentido, anque podemos considerar precedentes históricos, a xeneralización do turismo como fenómeno de masas débese aos cambios socioecnómicos e culturais de: 1) finais do s.XIX; 2) do primeiro terzo do s.XX; 3) posteriores á 2ª G.M.

 

16.- Entre as causas da expansión do turismo de masas estan: 1) O aumento do nivel de vida e o aumento do tempo disponible (exemplos de dereitos sociais); 2) as melloras de transporte (en custo e tempo); 3) especialmente, a oferta de aloxamentos (hoteis e apartamentos) e de tour-operators.

 

17.- As claves dun atractivo turístico están, sobre todo, nos prezos; mais, tamén, son fundamentais: 1) a estabilidade política e a seguridade; 2) as bóas comunicacións marítimas entre a orixe e o destino; 3) a promoción do patrimonio natural das persoas e cultural das familias

 

18.- O turismo de sol e praia é un  turismo tradicional, fonte de grandes ingresos tanto para países de rexións tropicais (Caribe) como subtropicais (Mediterráneo). Xunto a un turismo esporádico, hai outro con vocación de permanencia, que explica: 1) a densidade de poboación dos litorais; 2) a presión sobre os usos agrarios a curto prazo; 3) a privatización das praias ao marxe da lexislación.

 

19.- En función do atractivo e calidade das paisaxes montañosas e da práctica deportiva, (esquí, escalada e senderismo) desenvólveuse un turismo  de montaña con estacionalidade preferente en inverno.  No continente europeo, son importantes estacións de esquí, as de: 1) Beret e Baqueira; 2) Chamonix e Superbagnères; 3) Trevinca e Pico Sacro.

 

20.- As cidades, ben pola súa importancia relixiosa e/ou polo seu rico patrimonio monumental, concentran gran cantidade do turismo actual. Xunto ao turismo de negocios e de reunión nos centros urbanos e dos parques temáticos na periferia, salientan os grandes eventos internacionais como: 1) as grandes mostras ou exposicións industriais; 2) os Xogos Olímpicos; 3) os festivais de jazz e rock.

 

PLANTA DE RESULTADOS:

31; 12; 23; 24; 35; 16; 37; 28; 19; 310; 211; 312; 313; 314; 315; 316; 117; 118; 219; 220

 

ENQUISA-TEST DA UD 7 ” A ECONOMÍA ESPAÑOLA E DE GALICIA”.

1.- A actividade agraria en España desenvólvese baixo factores edafolóxicos e climatolóxicos desfavorables. En efecto, as precipitacións son: 1) escasas de gran variabilidade estacional; 2) escasas de gran variabilidade interanual; 3) escasas e de grande intensidade horaria.

2.- Condicionantes non naturais da actividade agraria en España son o réxime de tenza e a estructura da propiedade, que amosa unha grande contraste entre: 1) minifundismo nas rexións septentrionais e latifundismo no litoral levantino; 2) minifundismo no litoral levantino e latifundismo no sur; 3) minifundismo nas rexións suroccidentais e latifundismo no litoral levantino.

3.- A modernización do campo español pola vía da mecanización (optimización do traballo) e da introdución de novos cultivos (orientación comercial) vai acompañada: 1) da moderación da población activa empregada; 2) da reducción do peso relativo do sector na economía nacional; 3) do aumento progresivo da superficie cultivada.

4.- A expansión do gando español maniféstase, se ben con diferencias, entre os distintos tipos de gandaría (bovina, porcina, ovina e caprina), grazas á industrialización dos seus aproveitamentos. Basta como avaliación do afirmado considerar o peso do sector: 1) na economía nacional; 2) na economía da U.E.; 3) na economía mundial.

5.- A longa tradición pesqueira de España rachou coa ampliación das augas xurisdicionais por parte dos países ribereños (Cumio de Santiago de Chile, 1982). A reconversión da flota causou a progresiva disminución do nº de embarcacións e de empregos. Aínda así, a importancia do sector é recoñecida internacionalmente como o demostra que a Axencia da Pesca da U.E. teña a sé en: 1) Vigo; 2) A Coruña; 3) Marín.

6.- A paisaxe mediterránea de interior ten como trazo característico: 1) unha extensión que se corresponde cun dominio mediterráneo frío e húmido; 2) un monocultivo cerealístico e unha gandería extensiva en devesas; 3) un poboamento concentrado-disperso ou intercalar.

7.- A paisaxe mediterránea de litoral ten como trazo característico: 1) unha extensión que se prolonga por toda a Costa do Sol; 2) a combinación de minifundismo cun hábitat concentrado; 3) o cultivo de plantas forraxeiras.

8.- A paisaxe oceánica ten como trazo característico: 1) unha extensión correspondente a un dominio climatico de latitudes medias de fachada occidental de continentes con solos acedos; 2) unha paisaxe de bocage ou de campos abertos; 3) un hábitat concentrado.

9.- A paisaxe das Illas Canarias ten como trazo característico: 1) Unha extensión de clima subtropical e de solos volcánicos; 2) cultivos novos con técnicas tradicionais; 3) latifundismo e dispersión do hábitat por mor da topografía.

10.- A industrialización da economía española, inicialmente tardía e territorialmente limitada ás rexións do norte (Cataluña, País Vasco e Asturias) coñeceu nas últimas décadas unha evolución positiva que a catapultou a un ha posición de relevancia. Entre as cifras destacan: 1) un total de 3 millóns de empregos industriais; 2) unha participación na riqueza nacional igual a un 1/3 do PIB; 3) o país europeo con maior nº de empresas.

11.- As transformacións recentes da industria española amosan un dinamismo non sempre positivo (cfr., a crise actual). A crise de 1973 evidenciou os problemas do modelo desenvolvido na década dos 60 (proteccionismo e falta de competitividade) e provocou como solución a reconversión do noso tecido industrial co:1) abandono dos sectores pouco rendibles (siderurxia e textil); 2) con grandes investimentos en sectores de alta tecnoloxía; 3) ás anteriores sumar o papel das multinacionais extranxeiras.

12.- Na calidade e rapidez da rede de transportes española hai que diferenciar as distintas modalidades ou medios. Entre os trazos máis caraterísticos, salienta: 1) a intensidade do tráfico por estrada concéntrase nos eixes industriais e nas áreas metropolitanas; 2) A configuración tanto da rede de estradas como da rede de ferrocarril e de aneles concéntricos; 3) as infraestructuras de aeroportos e portos marítimos están conectadas por ferrocarril.

13.- Na actividade comercial é de manual discriminar entre comercio interior e exterior e no primeiro, entre comercio polo miúdo e comercio por xunto; é dicir: 1) entre comercio retallista e grandes superficies; 2) entre establecementos pequenos e comercio almacenista; 3) entre comercio almacenista e comercio retallista.

14.- O comercio exterior amosa históricamente unha balanza comercial negativa. Na actualidade, anque a nosa integración económica na U.E. acelerou a internacionalización das nosas actividades económicas, a mencionada balanza contable de bens segue a ser negativa; é dicir que: 1) vendemos bens de pouco valor e mercamos ben valiosos; 2) exportamos pouco do que producimos e importamos moito do que se produce fora: 3) no extranxeiro son máis “cutres” que nós.

15.- España converteuse na década dos 60 nun importante destino turístico, que afianzado desde entonces, sitúanos hoxe como unha potencia mundial do sector, cuxos ingresos permiten equilibrar o estructural déficit comercial. A vantaxe comparativa respecto doutros países reside: 1) na competitividade da infraestructura hoteleira e dos prezos; 2) nun turismo de masas equilibradamente repartido por todo o territorio; 3) Nunha diversificación que rompe a estacionalidade do turismo de sol e praia.

16.-  O importante sector primario en Galicia ten como trazo característico: 1) unha crecente vocación comercial de pequenas explotacións de tecnoloxía avanzada (vide, frores); 2) unha crecente industrialización da producción gandeira (especialización carne/leite); 3) as dous alternativas explican que a poboación ocupada duplique a media nacional.

17.- A pesca en Galicia é unha actividade fundamental representandoo primeiro lugar na Europa azul polo nº de embarcacións e de postos de traballo, polo volume de capturas e polas súas repercusións na: 1) na industria conserveira e do frío; 2) na construcción naval e metalurgia auxiliar; 3) as dous alternativas as podemos ampliar aos servizos de restauración e hostelería.

18.- Á tradición na minaría  e na producción enerxética  apenas correspondese co modesto papel da industria (incluida a construcción), que e representa só o 30% do PIB galego. As mayores concentracións industriais se dan: 1) nos eixes A Coruña- Ferrol e Vigo-Pontevedra; 2) nos sectores petroquímico e da construcción naval e do automóbil; 3) se hai outras, as anteriores son as máis importantes.

19.- No comercio interior galego e concretamente no comercio detallista hai que diferenciar as cidades, das periferias urbanas e éstas das cabeceiras comarcais. Ou dito doutro xeito: 1) franquías, superficies comerciais e tendas de abastecemento: 2) tendas especializadas, áreas comerciais, pequenos establecementos; 3) tendas especializadas, franquías e ultramarinos.

20.- O turismo en Galicia é un sector en expansión, que ten como trazo característico: 1) unha oferta baseada máis sobre a os condicionantes naturais que histórico-culturais; 2) no potencial dun turismo de crucero polas Rías Baixas; 3) pola procedencia europea dos turistas.

PLANTA DE RESULTADOS

21; 22; 23; 24; 15; 26: 27; 18; 19; 110; 311; 112; 113; 114; 115; 316; 317; 318; 119 e 120

 

 

 

ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES

8.1.- O ESTADO COMO FORMA DE ORGANIZACIÓN POLÍTICA

1.- O medio natural influía históricamente de modo decisivo na vida do ser humano; por ese motivo, a diversidade xeográfica ten reflexo na variedade de pobos e culturas. En calquer caso, estas relacións das formacións sociais co medio naturalas temos que definir como: 1) de determinismo físico; 2) de adaptación; 3) de dominación.

2.- Na actualidade a forma fundamental de organización da sociedade é o Estado, composto polo conxunto de organizacións políticas e administrativas que rexen ao país. Entre as súas funcións máis importantes están: 1) desenvolver as políticas, sociais, económicas e territoriais do país; 2) defender as súas fronteiras e os intereses da súa poboación a través da diplomacia e do imperio da lei; 3) as dous son correctas, mentras non se demostre o contrario.

3.- Chamamos soberanía á lexitimidade de quen en última instancia representa á autoridade superior e como tal constitúe un atributo básico do Estado. E chamamos nación, á comunidade de áfinidades que identifica á poboación dun territorio. Os Estados plurinacionais, vs o Estado nación, refire a territorios e poboacións: 1) cunha ausencia de historia común, mais cunha mesma língua; 2) cunha ausencia de lengua común, máis sí coa mesma historia; 3) cantos menos sexan os elementos comúns, máis difícil será a convivencia.

4.- O mundo (cfr., a ONU) está formado por numerosos Estados con moi diferentes características (cfr., extensión e población, riqueza e influencia internacional). Algúns teñen unha historia larga e outros son de recente creación. Segundo a súa organización, os Estado os clasificamos en Estados centralistas e descentralizados e éstos en: 1) Estados unitarios e autonómicos; 2) Estados federais; 3) aos anteriores, podemos engadir os cantonalistas ou confederais.

5.- Nos Estados descentralizados trátase de facer compatible unidade territorial (cfr., a competencia do goberno central en asuntos relativos a todas as rexións) e descentralización de órgaos de goberno a través de institucións propias das comunidades rexionais. A institución clave en la definición dunha descentralización política e non meramente administrativa é: 1) o defensor/valedor do pobo; 2) o parlamento rexional; 3) a xunta ou goberno de concelleiros.

8.2.- OS REXIMES POLÍTICOS

6.- Tamén os Estados diferencianse polos seus sistemas ou reximes políticos. Unha primeira clasificación distingue entre reximes democráticos e réximes autoritarios. Os primeiros defínense por ser os cidadáns os que deciden (elixindo mediante eleccións libres aos seus representantes). Os Estados democráticos adouptan a forma de: 1) monarquías e repúblicas parlamentarias; 2) só de repúblicas; 3) só das monarquías electivas.

7.- Nos Estados autoritarios o poder é exercido por un individuo, civil ou militar, ou por un grupo e en ambos casos suplantando a vontade popular. A forma más frecuente de rexime autoritario é a ditadura militar, que xeralmente tamén poden adouptar os reximes de partido único e de ideoloxía totalitaria. Xunto ás ditaduras militares e as ditaduras totalitarias atopamos formas de: 1) ditaduras teocráticas; 2) repúblicas islámicas; 3) ambas poden ser coincidentes si a sharía (lei religiosa) é preeminente sobre a lei civil.

8.- Nas comunidades pequenas (de poboación) a soberanía pode ser exercida de forma directa; no caso contrario, falamos de democracia representativa. En efecto, unha auténtica democracia aséntase sobre o recoñecemento do principio de sufraxio universal e do principio do Estado de dereito. Este implica: 1) a división dos poderes do Estado; 2) o respecto dos dereitos humanos e temporalmente o cumplimento da legalidade; 3) o sufraxia censitario e os dereitos colectivos que non sociais.

9.- Para regular a organización política e territorial das sociedades é indispensable que haxa unha lei fundamental aprobada polos cidadáns en referendo, que recolla os seus dereitos e deberes, as normas básicas do funcionamento do sistema político e a organización territorial. Nos referimos: 1) a unha constitución; 2) a unha carta outorgada; 3) a un estatuto real.

83 e ss.- OS GRANDES CONXUNTOS XEOPOLÍTICOS E CULTURAIS

10.- As diferentes rexións do mundo poden agruparse atendendo a criterios políticos e culturais, históricos e económicos. Así chegamos a considerar a existencia dunha xeografía política (organizacións políticas e as súas relacións) e dunha xeografía cultural (distribución e trazos dos grupos culturais). Atendendo a ambas disciplinas podemos ag rupar aos Estados en conxuntos rexionais e entonces falamos: 1) mundo occidental europeo e espazo post soviético; 2) mundo occidental anglosajón e América latina; 3) aos anteriores engadir, os espazos asiáticos e occidental aforicanos.

11.- No mundo occidental inclúense os países de Europa occidental e central (cfr., o proceso de integración político e económico da UE). Ao tempo, outros países como: 1) Xapón; 2) EEUU e 3) aos anteriores incorporar as nacionalidades da Commonwealt.

12.- América latina amósase como un espazo de certa uniformidade cultural pola impronta iberoamericana (catolicismo e lenguas), que evolucionou políticamente dende as ditaduras militares dos ss XIX-XX cara a sistemas democráticos. Esta dinámica histórica traumática respostaba: 1) aos procesos de mestizaxe e ao peso relativo dos grupos étnicos; 2) á s enormes desigualdades sociais; 3) exclusivamente, ao intervencionismo do “xendarme” americano.

13.- Asia, meridional e oriental, é o espazo xeopolítico que reúne á maioría da poboación mundial (4.000 millóns de habs). Posúe unha extraordinaria diversidade cultural (centos de línguas) e política (sistemas autoritarios vs democráticos). O desenvolvemento económico das últimas décadas permite crear unha noción de unidade malia as rivalidades internas; dito crecemento fundaméntase: 1 ) no equilibrado reparto da riqueza; 2) na debilidade das prestacións sociais; 3) na vocación comercial das súas sociedades.

14.- África é un e spazo de enorme diversidade de línguas e culturas e de acusadas diferenzas sociais. A estas condicións súmase unha grande inestabilidade política con procesos de democratización incertos, que explican: 1) unha población periódicamente azoutada polas fames e as guerras; 2) polo éxodo masivo dos seus recursos humanos máis valiosos; 3) a 2ª é a posconsecuencia da 1ª.

PLANTA DE RESULTADOS

21; 32; 33; 34; 25; 16; 37; 18; 19; 310; 311; 212; 213 e 314.

 

 

 

ENQUISA-TEST SOBRE A CONSTRUCCIÓN EUROPEA

1.- O desexo dos Estados europeos de superaren as divisións políticas e económicas a través de fórmulas pacíficas de negociación non contou cunha viabilidade histórica ata despois: 1) da I Guerra Mundial; 2) da II Guerra Mundial; 3) da “Guerra fría”.

2.- A reconstrucción europea responde a unha necesidade histórica derivada da febleza dos países europeos respecto das novas superpotencias (USA e URSS), mais ten nomes propios como:1) o francés Monet; 2) o alemán Schumann; 3) o austríaco Schubert.

3.- Os antecedentes inmediatos da Europa das Comunidades ou primeiras manifestacións  da integración económica foron as unións  aduaneiras e as comunidades sectoriais como: 1) o BENELUX  e a CECA; 2)  o Reino Unido e a siderurxia; 3) o FIBENEL e as fontes de energía.

4.- O 25 de marzo de 1957  nacía a CEE formada polo MCE e aEURATOM, que xunto á CECA constituirían a Europa comunitaria ou das Comunidades Europeas. O Tratado que entraría en vigor o 1 de xaneiro de 1958 coñece pola cidade onde se asinou: 1) París; 2) Bruxelas; 3) Roma.

5.- Dos seis Estados fundadores da CEE, a Pequena Europa, tres chegaban cunha relativa experiencia de éxito na integración das súas economía: 1) Francia, Alemaña e Italia; 2) Bélxica, Holanda e Luxemburgo; 3) nengunha das dous son correctas.

6.- Ata 1973 non se produciría a primeira ampliación da CEE coa incorporación de tres novos membros. Entre éstes estaban: 1) Islandia e o Reino Unido; 2) Dinamarca e Gran Bretaña; 3) Noruega e Suíza.

7.- A adhesión de Grecia, o décimo Estado incorporado tivo lugar en1981. España e Portugal fixérono en: 1) 1986; 2) 1992; 3) á morte de Franco, en 1975.

8.- En 1995 entraron tres novos países (Austria, Suecia e Finlandia) e no 2004 moitos dos antigos países do Leste como Polonia e os países bálticos. No 2007 posiblemente o fagan: 1) Malta e Chipre; 2) Eslovenia  e Eslovaquia; 3) Romanía e Bulgaria.

9.- Os graves desequilibrios dos Estados centroeuropeos (renda per cápita, taxa de poboación activa agraria, etc.) preocupan aos principais beneficiarios dos fondos económicos da UE; entre éstos figuran: 1) Bélxica e Holanda; 2) España e Irlanda; 3) Noruega e Suíza.

10.- Dos tres órganos básicos da UE á hora de tomar decisións, o que a cualifica como institución supranacional por estar constituida por membros non representantes dos EEMM é: 1) a Comisión; 2) o Consello Europeo de Xefes de Estados; 3) o Consello de Ministros.

11.- O poder legislativo na UE compárteno órganos de decisión e control como: 1) o Consello de Ministros e o Parlamento; 2)  o Parlamento e o Consello Europeo; 3) o Parlamento e o Tribunal de Xustiza.

12.- Aínda que o único órgano da UE con poder de iniciativa na elaboración de políticas comunitarias é a Comisión, o órgano de decisión por antonomasia ou fundamental é: 1) o Consello de Ministros do ramo en cuestión; 2) o Consello de Xefes de Estados; 3) os 15 ministros do Tribunal de Xustiza.

13.- O Parlamento europeo é máis que un poder lexislativo (cfr.,Comisión e Consello de Ministros) un órgano de control e tan só daComisión. Constituido por máis de 600 deputados electos porsufraxio universal, organízanse en grupos polçíticos segundo: 1) a súa especialización técnico-profesional; 2) a súa nacionalidade; 3) a súa ideología.

14.- Entre os órganos de apoio e consulta salienta o Comité das Rexións e o Comité Económico e Social, constituido este último por representantes: 1) do Banco Europeo de Inversión; 2) do Tribunal de Contas; 3) dos sindicatos e das patronais.

15.- Se no Tratado de Constitución da CEE en 1957 establecéronse os principias obxetivos do “proxecto comunitario”, a conversión daCEE nun verdadeiro Mercado Común Europeo ou Mercado Único non se lograría ata a firma en 1986 da: 1) Acta Común; 2) Acta Única; 3) Acta Común e Unica.

16.- O Consello Europeo celebrado en Edimburgo en 1992 confirmou as sedes das Institucións europeas. Concretamente, as da Comisión e do Parlamento son: 1) A Haia e Luxemburgo; 2) París e Bonn; 3) Bruxelas e Estrasburgo.

17.- No citado Consello Europeo de Edimburgo, a España só correspondeulle ser sede de dúas Axencias Comunitarias (Alacante e Bilbao). A sé do Instituto Monetario ou Banco Central Europeo foise a cidade alemana de: 1) Munich; 2) Colonia; 3) Franfurt.

18.- O Tratado de Maastricht ou Mastrique (1993) pode ser considerado como un Tratado de refundación do proceso de construcción europea (UE vs CEE/CE). Entre as súas aportacións salienta a culminación do proceso de integración económico-financieiro co establecemento: 1) do ECU e do Tribunal de Contas; 2) do Euro e do BCE; 3) as dúas despostas son correctas.

19.- No plano político  o Tratado de Unión Europea introduce: 1) a presidencia semestral do Consello Europeo; 2) o principio de ciudadanía da UE; 3) o nomeamento de J. Solana como “míster” PESC”.

20.- A UE é unha grande potencia económica (25% do PIB mundial) cun enorme potencial industrial (o 30% da poboación activa europea produce o 15% do total mundial) e un sector servicios moi desenvolvido (o 64% da poboación activa da UE xera o 40% do comercio mundial), que sen embargo é deficitaria en: 1) combustibles; 2) maquinarias e material de transporte; 3) productos químicos e semielaborados.

21.- As rexións industriais localízanse preto das grandes cidades, mercados de consumidores e laborais (Madrid), das vías de comunicación (Zaragoza) e dos depósitos mineiros (Avilés). En Europa a maior densidade industrial atópase arredor da canle da Mancha¸ a partir daquí as áreas industriais prolónganse polos vales: 1) do Reno e do Ródano; 2) do Ródano e do Pó; 3) de tódolos citados.

22.- O potencial agrario da UE é extraordinaria –malia a reducción da poboación activa en 25 anos  do 15% ao 5%. A súas condicións fisioxeográficas e técnicas permitiron produccións masivas que obrigaron a poñer cotas á producción para: 1) evitar a caída dos prezos; 2) facilitar o comercio xusto; 3) equiparar as produccións dos EEMM.

23.- Na UE, as rexións septentrionais e as alpinas especializáronse na gandería bovina e as mediterráneas  na hotofruticultura. As especializacións cerealísticas de trigo no norte alternan coa remolacha e no sur: 1) coa pataca; 2) co arroz; 3) co millo e co mirasol.

24.- A construcción da UE exise enfrontarse cos desequilibrios económicos, sociais e rexionais existentes mediante o deseño depolíticas comúns. A máis importante ten sido a P.A.C. (producción competitiva  tanta na oferta como na demanda e garantía no nivel de rendas), que se expresa financieiramente a través do fondo coñecido polas siglas: 1) FEOGA; 2) FSE; 3) FEDER.

25.- Ademáis dos fondos estructurais para atender os desequilibrios internos dos EEMM, o Tratado de Mastrique creou o Fondo de Cohesión para a converxencia real da integración económica e monetaria por parte dos EEMM menos desenvolvimos como foron: 1) España e Portugal; 2) Gracia e Irlanda; todos eles, sem excepcións.

 

PLANTA DE RESULTADOS

 

21; 12; 13; 34; 25; 26; 17; 38; 29; 110; 111; 212; 313; 314; 215; 316; 317; 218; 119; 120; 321; 122; 323; 124 E 325.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A POBOACIÓN MUNDIAL (PM) E OS SEUS MOVEMENTOS

1.- A taxa de natalidadereflicte a relación  nacementos/poboación total expresada en tantos por mil e a tendencia ao descenso da natalidade conforme aumenta o nivel de desenvolvemento dos países. Valores altos de natalidade son: 1) os 30-40/1000  dos países europeos no s.XIX; 2) os dos países musulmánsnaactualidade; 3) non hai contradicción entre as dousrespostasprimeiras.

2.- A Taxa de mortalidadereflicte a relación defuncións durante un ano/poboación total dun determinado territorio expresado en tantos por mil. Entre os factores que favorecen a mortalidade está unha elevada esperanza de vida e entre os que a moderan: 1) a alimentación e a educación; 2) exclusivamente os hixiénicos e sanitarios; 3) todos os que prolongan as espectativas de vida.

3.- Definimos a esperanza de vida como aquel indicador demográfico que promedia o nº de anos dunhapoboaciónnun momento dado. En consecuencia, no seu cálculo participan: 1) as taxas de natalidade; 2) as taxas de mortalidades específicas de cada ano de idade exclusivamente; 3) as taxas de natalidade e de mortalidades especifícasou non.

4.- Chámasecrecemento natural/vexetativo á diferencia entre nacementos e defuncións e aoseu indicador á diferenza entre a taxa de natalidade e de mortalidade. Neste caso a taxa exprésase:1) tamén en tantos por mil; 2) sempre en porcentaxes; 3) en valores absolutos.

5.- Antes da R.I. a PM creceu de forma lenta; pero coa R.I. a poboación dos PPDD aumento en progresión, grazas: 1) a unha rápida redución da mortalidade; 2) ástaxas de natalidade elevada; 3) á “explosión demográfica” ou a suma das dous anteriores.

6.- Nos PPDD naactualidade o crecemento é débil, a diferenza dos países subdesenvolvidos do “Sur” con taxa de natalidade por riba da de mortalidade. En partes de Europa o crecemento vexetativo:1) é semellanteao da China; 2) non, ésemellanteao da India; 3) é un crecemento cero ou negativo.

7.- Outro dos indicadores demográficosmaís utilizados é a densidade de poboación, que como os índices mencionados serven para realizar comparativas entre países e rexións; neste caso, relaciónansehabitantescoa superficie da área habitada expresada en km2 (tb en hectáreas cultivadas). A escala planetarias a densidade é de: 1) 25; 2) 50; 3) 100.

8.-  A PM ascende a 7.000 millónshabs, que se distribuemoi desigualmente con amplos “desertos demográficos” e numerosas áreas de alta concentración. Entre os valores que reflicten estos contrastes propoñemos os seguintes: 1) 60% de habs/10% de superficie; 2) 50% de habs/25% de superficie; 3) 75% de habs/ 5% de superficie.

9.- A localización dos principais focos de concentración humana son rexións de litoral, que antaño foron grandes culturas agrarias históricas. Entre os exemplos descriptivos están: 1) India e China; 2) a conca mediterránea; 3) ás anteriores, engadimos como excepción o Val do Nilo.

10.- A localización dos baleiros demográficos ven condicionada por factores físicos hostís como as baixas temperaturas das rexións polares e das montañas e as grandes oscilacións térmicas dos desertostropicais e continentais. Entre os exemplos descriptivos están:1) a Antártida e Siberia; 2) a cunca amazónica e a meseta do Tibet; 3) ás anteriores, engadimos como prototipo ao continente australiano.

11.- Factores que explican a distribución da PM son físicos como o relevo (altimetría e pendentes), solos e subsolo segundo a súafertilidade agrícola e riqueza en minerais e os socioeconómicos históricos e vixentes. Entre estes últimos: 1) a sedentarización e a habitación vertical; 2) as revolucións agrarias e industriais; 3) ás anteriores, as revolucións verdes e negras.

12.- A porcentaxe da PM dos continentes asiático e de Oceanía é respectivamente de 60 e de 0,5 e as densidades de Europa e África: 1) moi dispares (75 e 25); 2) moi parellas (por riba de 30); 3) non son comparables, África está superpoboada.

13.- Normalmente adoitase dividir á poboación en tres grandes grupos de idade: mozos (idade de escolarización obrigatoria), adultos e anciáns (idade de xubilación). Convencionalmente o Manual de texto sitúa os umbrais dos grupos citados en: 1) 14 e 65; 2) 16 e 70; 3) 18 e 60.

14.- Os PPDD amosanunhapoboación de idade superior aos 65 por riba 12% (o Manual discrimina entre 10-15 e +15). Esta tendencia a relacionar envellecemento e desolvemento queda confirmada nos seguintesexemplos descriptivos: 1) EUA e Australia; 2) Europa e Brasil; 3) Xapón e países árabes.

15.- Os PPNNDD presentan unhapoboación de idade inferior aos 15 anos por riba do 40% (o Manual discrimina entre 40-45 e +45).Esta tendencia a relacionar rexuvenecementoe subdesolvemento queda confirmada nos seguintesexemplos descriptivos: 1) países de Mesoamérica como Guatemala; 2) rexións en crise alimentaria como el Sahel; 3) as dousxunto as excepcións asiáticas como Afganistán ou Laos.

16.- Os PPDD cunha alta porcentaxe de poboaciónmaior por mor da súa alta esperanza de vida e os PPNNDD cunha proporción de mozos maiorca de anciáns a causa das súas altas natalidades amosan problemas sociais: 1) distintos; 2) distintos cosmesmos  efectos económicos; 3) cosmesmos efectos non; por canto, nenos e vellos non son dependentes da mesmamaneira.

17.- No comentario da estruturaou composición por idadesdunhapoboaciónhai que ter en conta a particularidade do factor natalidade,  por constituir aomesmo tempo causa e consecuencia da estrutura. Así: 1) se a natalidade é baixanunhaxeneración os nacementosrecurtaranse cando aquelessexanproxenitores; 2) se a proporción de mozos é alta a natalidadebaixa por compensación; 3) a natalidade alta aumenta a esperanza de vida dos abós.

18.- Os movementos migratorios teñen importantes influencias na composición por idade e sexo dunhapoboación. Por exemplo, avellentamento nos países de orixe e rexuvenecemento nos países de destino. Estes fenómenos demográficos susténtanse no feito de ser os emigrantes: 1) unhapoboación nova; 2) principalmente varóns; 3) casados no seu propio país.

19.- No conxunto da poboación dase unha similar proporción de homes e mulleres; mais non así entre os distintos grupos de idade. Entre os factores que o xustifican está: 1) a natalidade (un 5% de nenosmáis que de nenas); 2) a esperanza de vida (maior nos varóns); 3) tamen os movementos demográficos por canto retornan máishomes que casan no país de destino.

20.- Nos países non desenvoltoso reto económico atópasenaalimentación/educación dunha elevada porcentaxe de nenos/mozos, membros de familias sen ingresos. Nos PPDD o reto económico está no avellentamento da poboación; é dicir: 1) na demanda de investigación sobre lonxevidade; 2) no desenvolvemento de políticas de dependencia; 3)nasostenibilidade do noso estado de benestar.

PLANTA DE RESULTADOS

31; 12; 23; 24; 35; 36; 27; 18; 39; 310; 211; 212; 113; 114; 315; 216; 117; 118; 119; 320

ENQUISA-TEST “ESPAZO E POBOACIÓN EN ESPAÑA E GALICIA

1.- A evolución da poboación española ao largo da idade contemporánea é semellante ao da nosa contorna europea con relativos desaxustes temporais; é dicir, está ligada: 1) ao modelo da transición demográfica; 2) aos procesos de democratización política e da tercerización económica; 3)  ás baixas taxas de natalidade e á mundialización dos fluxos migratorios.

2.- Desde mediados do s.XIX a natalidade empezou a descender e a comenzos do s. XX produciuse un declive, que explicamos: 1) polas políticas antinatalistas dos gobernos liberais; 2) pola emigración española ao exterior; 3) polo aumento do nivel de vida.

3.- A inestabilidade dos anos 30 (crise económica e política), a Guerra Civil (1936-39) e a longa postguera coa súa pobreza agravaron o descenso dos nacementos. Sen embargo, nos 50 aumentou a taxa de nupcialidade co desenvolvemento económico e coas políticas natalistas o aumento das taxas de natalidade alcanzaron un máximo entre: 1) 1956 e 1964; 2) 1964-76; 3) as dous son correctas.

4.- A partir deses anos volveu a descender de maneira continuada ata situarse hoxe nun dos niveis más baixos do mundo. Isto débese, como no resto de Europa ao descenso da taxa de fecundidade, causado en parte: 1) pola incorporación da muller ao mercado laboral; 2) pola escaseza ou encarecemento da vivienda (cfr., taxa de nupcialidade); 3) pola incompatibilidade da cultura tradicional co pluralismo ideolóxico.

5.-  A mortalidade empezou a descender a comenzos do s.XX, tendencia que se mantén hoxe con taxas moi baixas. As causas son dúas: o aumento do nivel de vida (mellora da dieta) e dos progresos técnicos, que reduciron as enfermidades. Os indicadores directamente afectados son: 1) a mortalidade xeral e as mortalidades específicas; 2) a descendencia final e a mortalidade infantil; 3) as mortalidades específicas e a esperanza de vida.

6.- O crecemento natural ou vexetativo foi reducido ata o 1900. Aumentou a partir da pandemia da gripe española ata a crise dos 30. Volveu a incrementarse con posterioridade á G.C. Cun máximo a medidaos dos 60. Desde mediados dos 70 o seu descenso é continuado; aínda que se constata un repunte asociado: 1) ás técnicas de fecundidade in vitro; 2) ás políticas de adoupción de terceiros países; 3) as taxas de natalidade dos inmigrantes non europeos.

7.-  A poboación española amosa unha distribución moi irregular cunha densidade equivalente ao promedio da Unión Europea actual, que é respectivamente de: 1) 85 e 70 habs/Km2; 2) 70 e 85 habs/Ha cultivada; 3) 70-85 km2/hab.

8.- O interior, que se corresponde coa Meseta, representando máis da metade do territorio español, ten unha densidade de poboación de 25 habs/km2. As excepcións, xunto a Madrid, son os eixes urbanos nas depresións do Ebro e do Guadalquivir. As densidades mínimas localízanse:1) nas áreas montañosas; 2) especialmente, nos Pirineos e no Sistema Ibérico; 3) as dous son correctas.

9.- Na periferia peninsular numerosos municipios superan os 500 habs/km2. Corresponden a provincias marítimas do País Vasco, do litoral cantábrico, das rías galegas, do litoral mediterráneo e do Baixo Guadalquivir. Tratase de áreas: 1) metropolitanas (non administrativas); 2) industriais e terciarias; 3) exclusivamente, espazos turísticos.

10.– A estructura da poboación española amosa históricamente un brazo femenino máis numeroso por canto a mortalidade infantil e as guerras afectaban máis aos homes. Ista vantaxe reflictese nos grupos de idade avanzada que indican demográficamente: 1) unha maior esperanza de vida; 2) unha maior fortaleza biolóxica; 3) un estilo de vida máis sán.

11.- Hoxendía a poboación española ten unha clara tendencia ao avellentamento. Os anciáns son máis numerosos nas provincias nas que predominou a emigración (zonas rurais e de menor nivel de renda); así, aos problemas propios da idade se engaden os problemas económicos ou dito doutra maneira o envellentamento da poboación é un efecto do desenvolvemento humano e a maior esperanza de vida a causa do aumento: 1) da imposición fiscal; 2) dos gastos sociais; 3) do emprego público.

12.- España, un país de emigrantes é actualmente un centro importante de inmigración. Na fase de emigración exterior houbo dous destinos: a americana foi a máis importante polo número de desprazados e pola súa vixencia secular. A secuencia temporal amosa nos ss XVI-XVII, no s.XVIII e no s.XIX- inicio do s.XX a dinámica seguinte: 1) aumento/retroceso/aumento masivo; 2) aumento/progresión/brusco retroceso; 3) aumento masivo/ estancamento/aumento masivo.

13.- A emigración española a América veuse interrompida coa crise internacional dos 30 e cando tras a guerra G.C. voltou a medrar, mais sen a importancia do pasado. Os destinos máis relevantes foron: 1) Arxentina, Cuba e Brasil; 2) México, Uruguay e Venezuela; 3) Chile, Panamá e USA.

14.- O outro continente de destino da emigración exterior española  despois da II G.M. foi a Europa occidental, onde a reconstrucción demandaba man de obra barata. Os países receptores máis importantes foron  Alemaña, Francia e Suiza e afectou a máis dun millón de persoas entre os anos: 1) 1959-1973; 2) 1960-64; 3) 1969-73.

15.- A chegada de inmigrantes a España nas dous últimas décadas converteuse nun dos fenómenos demográficos e sociolóxicos máis destacables. En 1985, os residentes extranxeiros (250.000) representaban o 0,6% da poboación total; en 2008 superaban os 5 millóns, un 10%. A súa principal aportación é o rexuvenecemento da poboación española, ao tempo que o seu crecemento real, concepto que definimos como: 1) crecemento natural (CN) menos saldo migratorio (SM); 2) CN + SM; 3) CN – EI (emigración interior).

16.- No fluxo inmigratorio a España diferenciamos dous periodos: Unha primeira de orixe europea, de xubilados que rendibilizan as aúas pensións (capacidade adquisitiva) no litoral mediterráneo e nos arquipélagos (bondade climática). Nunha segunda fase, desde 1990 chegan inmigrantes da Europa do leste, iberoamericanos, norteafricanos e asiáticos, un factor clave do desenvolvemento: 1) agrícola español; 2) do sector da construcción; 3) aos anteriores, podemos engadir o turismo.

17.- Os movementos migratorios no interior empezaron a alcanzar importancia a finais do s.XIX co desenvolvemento industrial cara a Barcelona e o País Vasco. A G.C. e a postguerra reduciron temporalmente estes desprazamentos, mais co desenvolvemento a partir dos 50 da industria e do turismo rexurdiron cunha maior diversificación dos destinos. As consecuencias demográficas (avellentamento en orixe e rexuvenecemento en destino) destas migracións derivan do seu carácter: 1) selectivo en idade; 2) espontáneo e indiscriminado; 3) esencialmente familiar.

18.- Calcúlase que nos anos 60 cambiaron de residencia máis de 4 millóns de españois a outras provincias desde áreas rurais do interior. Os espazos receptores foron Madrid, País Vasco e Cataluña. Nesta última salienta a procedencia de emigrantes de: 1) Galicia; 2) Aragón; 3) sobre todo, de Andalucía.

19.- Nas dous últimas décadas reducíronse as migracións interiores entre provincias, ao mesmo tempo que se incrementaron os despramentos dentro delas, por cambios no lugar de residencia; pero non necesariamente de emprego. Trátase de fluxos de curta distancia, que teñen como principal consecuencia demográfica o crecemento e rexuvenecemento: 1) das grandes ciudades; 2) dos municipios máis próximos as metrópoles urbanas; 3) dos lugares centrais.

20.- 20.- O proceso descrito no ítem anterior vai ligado a expansión das áreas urbanas e consecuente perda  de peso demográfico do rural con crecemento natural negativo e débese a causas económicas, ambientais  e técnicas como: 1) prezo do chan e do transporte; 2) prezo da vivenda e contacto coa natureza; 3) as dous non son incompatibles.

21.- Nos últimos anos os cambios nas ciudades deron lugar a novas paisaxes urbanas. Os centros históricos que podían estar en deterioro experimentan procesos de rehabilitación dos seus edificios e espazos libres. No que refire á periferia urbana destaca a instalación de: 1) grandes superficies comerciais; 2) parques temáticos, conxuntos museísticos e tecnópoles; 3) simplificando da hexemonía espacial do sector terciario.

22.- A morfoloxía da periferia urbana, consecuencia como a grande expansión urbana en superficie do prezo da vivenda nos barrios céntricos e da mellora da rede de comunicación, ven caracterizada pola construcción de: 1) edificios de baixa altura; 2) de urbanizacións de vivenda unifamiliares; 3) en definitiva, de vivendas con autonomía dos consumos domésticos; os enerxéticos incluidos.

23.- A diferencia das antigas áreas metropolitanas nas que o núcleo central ofertaba servizos a una periferia industrializada con escaso equipamento, as novas áreas metropolitanas na súa expansión sobre municipios cada vez máis afastados manteñen unha estreita correspondencia económica. Causa-efecto deste fenómeno de continuidade urbana no espazo é o desenvolvemento: 1) de eixes de urbanización; 2) de vivendas secundarias; 3) de circulación con horas-punta.

24.- Outro fenómeno das novas paisaxes urbanas é o desenvolvemento dunha sociedade multicultural consecuencia da proxección da mundialización no espazo urbano cunha distribución irregular (concentrada ou dispersa). En canto os grandes retos derivados do seu tamaño salientan problemas como: 1) a intensidade do tráfico e dos suministros; 2) a contaminación atmosférica e acústica; 3) aos anteriores, sumar os problemas de metabolismo urbano.

25.- No territorio galego cunha densidade de 93 habs/km2 viven cerca de  3 millóns de persoas, que non alcanzan á poboación rexistrada no censo de 1981. Esta escasa vitalidade demográfica débese ao continuo descenso da taxa de natalidade  motivado polo avellentamento da poboación e éste ao papel da emigración na historia do país e desde 1980 pola caída da taxa de fecundidade, que se sitúa: 1) por debaixo do1%; 2) exactamente no 1,6%; 3) por riba do 2,1%.

26.- A idade media da poboación galega sitúase no 43, 1 anos e a porcentaxe de maiores de 64 anos representan o 21,3%. A taxa de mortalidade (10,6/1000) permanece estable polos avances técnicos e políticos no campo sanitario (cfr taxa de mortalidade infantil -4/1000) e a esperanza de vida (76,5/83,6 en varóns/mulleres) supón un crecente grao de avellentamento; en 2003 o número de persoas en idade de xubilación por cada 100 menores de 20 años era de: 1) 86; 2) 106; 3) 126.

27.- Con notables diferenzas espaciais (maior dinamismo das áreas urbana e das provincias occidentais), o conxunto da Comunidade galega amosaba un crecemento natural superior á media española na primeira metade do s.XX malia o peso da emigración trasoceánica. A saída masiva nos 50 e 60 fixo caer a fecundidade e que hoxe o crecemento natural sexa negativo; así, no 2004 Galicia perdeu: 1) 7.500; 2) 17.500; 3) 27.500

28.- Galicia foi por tradicion unha rexión de emigración polas difíciles situacións pola que pasou o seu medio rural. Foi, sen embargo, na segunda metade do s.XIX cando encetou a verdadeira diáspora galega. Nunha primeira fase tivo como destino América, seguindo a secuencia xeral e os mesmos puntos de destino da emigración trasoceánica española. Así pódese dicir que foi: 1) moi numerosa e masculina; 2) arxentina e caribeña ; 3) ás anteriores, engadir a impronta do exilio.

29.-  Galicia no contexto da liberalización e modernización económica tamén experimentou polo seu atraso capitalista nos anos 60 e 70 correntes migratorias no interior e exterior do territorio nacional. A diferenza entre ambas ven condicionada polo intervencionismo do Estado necesitado divisas (remesas dos emigrantes),  para soster o chamado “miragre español”, de: 1) divisas; 2) remesas de emigrantes; 3) en última instancia, de recursos propios.

30.- Na actualidade, a chegada de inmigrantes deixa a súa cativa influencia no crecemento real sen resolver ningún dos seus problemas demográficos. Máis importantes son os novos desprazamentos no interior da rexión. Así, constátase: 1) o éxodo interior cara o Parque Natural das Illas atlánticas; 2) o éxodo interior cara as ciudades e cabeceiras comarcais; 3) a tradicional dispersión de entidades de poboación.

31.- O modelo tradicional de poboamento disperso en Galicia con miles de aldeas, decenas de vilas e sete ciudades, un modelo polinuclear de xerarquización imperfecta non exento de contrastes (Rías Baixas e Altas vs interior). Un fenómeno inetresante e a 1) conformación dun continuum urbano A Coruña- Santiago- Vigo; 2) a bicefalia das matrópoles rexionais; 3) o nacemento dunha área urbana nas Mariñas (Cántábrico).

32.- A finais do s.XIX só A Coruña superaba os 40.000 habs (vs menos de 30.000 o resto). As transformacións dao largo do século  básicamente están asociadas á planificación do crecemento (derrubamento das murallas e  primeiros proxectos de ensanche); así como a determinación das súas función urbanas administrativas (capitais provincias) representativas (relixiosa, cultural, militar) e económicas (industriais e de servizos). Exemplos significativos son respectivamente; 1) Ourense, Santiago e Vigo; 2) Lugo, Ferrol e A Coruña; 3) as dous alternativas me valen.

33.- Nos cambios esperimentados no s.XX hai que destacar un primeiro terzo de consolidación e concreción urbanistica; no desarrollismo dos60 acreación dos “barrios novos” para asentamento dos emigrantes rurais e desde comenzos dos 80 o proceso de periurbanización  e de urbanización difusa que explican o crecemento dos concellos periféricos ás grandes ciudades. Exemplos son: 1) Oleiros e Culleredo respecto de A Coruña; 2) Nigrán e Porriño respecto de Vigo; 3) as anteriores poderiamos engadir Amés e Narón respecto de Santiago e Ferrol.

33.- Nos cambios esperimentados no s.XX hai que destacar un primeiro terzo de consolidación e concreción urbanistica; no desarrollismo dos60 acreación dos “barrios novos” para asentamento dos emigrantes rurais e desde comenzos dos 80 o proceso de periurbanización  e de urbanización difusa que explican o crecemento dos concellos periféricos ás grandes ciudades. Exemplos son: 1) Oleiros e Culleredo respecto de A Coruña; 2) Nigrán e Porriño respecto de Vigo; 3) as anteriores poderiamos engadir Amés e Narón respecto de Santiago e Ferrol.

34.- A xerarquización  da estructura ou sistema de ciudades galegas caracterízase: no primeiro nivel polo papel das ciudades reitoras das áreas metropolitanas (Vigo e A Coruña); nun segundo nivel, están as ciudades con marcada área de influencia (Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Ferrol); nun terceiro nivel están as vilas/cabeceiras comarcais en proceso de industrialización e tercerización. Exemplos son; 1) A Coruña, Ferrol e Betanzos; 2) Vigo, Cangas e Redondela; 3) as dous alternativas non me valen.

35.- Avalía os datos propostos: A comenzos dos 80, ciudades e periferias urbanas, xunto a ás vilas, reúnen a metade da poboación da C.A e a finais dos 90 o 77% da poboación é normativamente urbana (viven en concellos de máis de 10.000 habs), anque tan só o 30% reside nas 7 cidades máis grandes. Entonces, podemos afirmar que Galicia é unha sociedade urbana: 1) si, por canto sempre o foi; 2) obviamente non é rural, máis non se pode dicir que é urbana en sentido anglosaxón; 3) non só o é, senón que resiste todas as apariencias.

36.- Coa integración na CEE de España e Portugal xurdiron novas posibilidades de cooperación (deasparición das fronteiras) e de creción de novos espazos económicos (euro-rexións); así, en 1992 (Tratado de Maastricht) Galicia e o Norte de Portugal firmaron o Pacto do Eixe Atlántico, nacía: 1) o “Fisterre galaico-portugués”; 2) a Eurorrexión Atlántica; 3) o Arco IkeaN-IkeaS.

 

PLANTA DE RESULTADOS

11; 22; 13; 14; 35; 36; 17; 28; 19; 110; 211; 112; 113; 114; 215; 316; 117; 318; 219; 320; 321; 322; 123; 324; 125; 326; 127; 328; 329; 230; 131; 332; 333; 134; 335; 236

  • 2 exames de cuarenta ítems cada un so se poden deixar 10 en blanco
  • mércores día 19 de Xuño do 2012

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: